COMISION ABERTA EN DEFENSA DO COMÚN.
Asamblea Civica o vindeiro Mércores 22 de Febreiro as 19:00 no  Pazo de María Pita

Bo día:

A Comisión Aberta en Defensa do Común prácese en invitar a vosa organización á asamblea cívica que terá lugar o vindeiro mércores, día 22, ás 19:00 horas, no salón de plenos do Pazo de María Pita, cuxa sesión institucional estará presidida polo alcalde da cidade, Xulio Ferreiro.

A iniciativa é consecuencia da asamblea cidadá celebrada o pasado día 7, no sentido de solicitar o devandito salón para avaliar entre outros asuntos o ritmo de recollida de sinaturas contrarias aos intentos de venda dos terrenos ocupados pola Solana e o hotel Finisterre, iniciativa extensible á vella cárcere, peiraos e as tres parcelas que conforman o Campo da Estrada, na Maestranza.

Asemade, a Comisión confía en que a sesión sirva para concretar a data dunha manifestación coa elaboración dunha especie de manifesto que será leído ao remate da mesma. Igualmente, espera aprobar o texto de moción que será debatida no pleno do vindeiro mes de marzo orientada á realización dunha consulta popular, coa pregunta incluida, onde a cidadanía coruñesa poida posicionarse sobre a hipotética perda de espazos comunais emblemáticos da cidade.

Á espera de poder saudarvos personalmente o vindeiro mércores, vaia por diante o noso agrademento polo voso compromiso coa defensa do común.

 

Ricardo Vales

669 51.60.97

Para mais información sobre a entidade:    https://comisionabertapoladefensadocomun.wordpress.com/