“¡EN DEFENSA DO COMÚN!”

Dende a Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana non podemos obviar un tema tan importante para a nosa cidade como a poxa e privatización da Solana e do Hotel Finisterre, anunciada pola Autoridade Portuaria.

É necesario que tódalos cidadáns  sexamos coñecedores e tomemos partido para reclamar a devolución gratuíta dos terreos (Solana, Hotel Finisterre, Campo da Estrada, cárcere e peiraos) e acabar coa poxa de espazos públicos e coas políticas especulativas. Consideramos que o Concello debería proporse a modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal e que a Xunta demande a Fomento a suspensión indefinida da poxa.

Actualmente a Comisión Aberta en Defensa do Común está a realizar actividades neste senso, polo que consideramos oportuno non solapalas, senón sumarnos ás que xa están a levar a cabo. Por iso queremos informar das accións que se van a realizar próximamente:

- 18 de febreiro: Mesa de recollida de sinaturas en Monte Alto ás 11:30 horas.

- 22 de febreiro: Asemblea Cívica no Salón de Plenos de María Pita (pendente de confirmar).

- 2 de marzo: Asemblea con entidades ás 19:00 horas no Centro Cívico da Cidade Vella.

- 16 de marzo: Debate organizado polo Foro Cívico coa participación dos grupos municipais.

- 17 de marzo: Inauguración no Cantón Grande da exposición sobre os espazos públicos á recuperar.

- Queda por concretar a data da manifestación.

Animamos a todo aquel que se mostre interesado a adherirse a estas reivindicacións pois pensamos que mediante a concienciación e a mobilización cívica poden paralizarse as devanditas medidas.

E informámosvos tamén que no local da Federación contamos con follas de recollida de sinaturas.

¡Contamos coa vosa adhesión e participación!

 

A Xunta Directiva.