Queremos informarvos que no próximo mes, dende o día 17 ao 28 de Xullo, terá lugar o Campamento de Verán  que organizamos no Local de Encontro Veciñal do Birloque (Avd. de Glasgow nº 5) con horario de 10:00 a 14:00 horas de luns a venres, para nenos e nenas de 4 a 12 anos.

ACCESO GRATUITO PREVIA INSCRICIÓN

 A inscripción será o día 28 de Xuño de 10:00 a 13:30 horas, de xeito presencial e por orde de chegada na Federación de AA. VV. de A Coruña e Área Metropolitana (Avd. de Glasgow nº 7).