Como xa anunciaramos, o pasado Luns 15 de Maio tivemos nas instalacións da Federación,  un encontro onde participaron veciños e representantes de diversas Asociacións de Veciños. Neste encontro ofreceuse información sobre como subir á plataforma web as propostas dos veciños para os orzamentos participativos de este ano, de maneira que poidan subir as suas propostas, pero tamén que poidan axudar e explicar a outros veciños a forma de facelo. O prazo para engadir novas propostas remata o dia 21 de Mayo
Recordamos tamén, que a Federación está a dispor da veciñanza e ofrece información e axuda para este proceso. O horario de atención é de Luns a Viernes de 10:00 a 12:00 polas mañás e de Luns a Xoves de 17:00 a 19:00 polas tardes

prev next