En primeiro lugar o Concello de A Coruña quere agradecervos sinceiramente a vosa participación no desenvolvemento da primeira fase do programa de orzamentos participativos que o Concello da Coruña puxo en marcha por segundo ano consecutivo.

Vos informamos agora de que xa está operativa a segunda fase, que estará aberta dende o 26 de maio ata o 14 de xuño. Como xa sabedes, trátase da fase de apoios ás propostas que se presentaron, moitas delas formuladas polas vosas asociacións.

 Queremos compartir con vós a nosa satisfacción polos resultados acadados ata o momento, cunhas cifras de participación moi altas: máis de 600 propostas presentadas, un 20% máis có ano pasado.

 Tras a primeira avaliación técnica, o número total de propostas declaradas viables é de 421. Estas propostas poderán ser apoiadas nesta fase que xa está aberta, e as máis votadas consideraranse como priorizadas pola cidadanía, pasando á seguinte fase de votación final, que terá lugar no mes de setembro.

 A vosa participación é imprescindible para o éxito deste proceso. Lembrade que podedes apoiar todas as propostas que queirades de cidade e todas as que queirades dun só distrito da vosa elección.

 Informámosvos que as propostas declaradas inviables non cumprían os requisitos básicos por non entrar na categoría de investimento,  non ser competencia municipal ou non poder ser correctamente valoradas por ser multipropostas ou ser demasiado inconcretas.

 Lembrade tamén que para realizar apoios non é necesario ter participado na primeira fase de achega de propostas. Calquera persoa pode apoiar as propostas que lle gusten, de cidade e dun distrito, ainda que ela non fixera ningunha. O único requisito é, igual que na fase anterior, iniciar sesión ou rexistrarse no sistema e verificar a conta na plataforma www.aportaaberta.coruna.es.

 Durante toda esta fase seguen estando a disposición das persoas que o precisen os puntos de apoio á participación en toda a rede de bibliotecas municipais, no Centro Municipal de Información Xuvenil, nos Centros Cívicos Municipais e nas entidades colaboradoras: a Universidade Senior e a Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana. En todos eles estará dispoñible a listaxe de propostas viables en papel para a súa consulta. No noso caso, a Federeción de Asociacións Veciñais de A Coruña e Area Metropolitana estaremos a vosa disposición nas nosas instalacións, de Luns a Venres de 10:00 a 12:00 h e de Luns a Xoves de 17:00 a 19:00 h

 

De igual modo, a plataforma web do programa ofrece toda a información necesaria e segue sendo a canle de participación. Animámosvos a entrar por esa porta aberta e a seguir participando, outorgando os vosos apoios ás propostas que consideredes máis adecuadas para a o voso distrito e para toda a cidade:

https://aportaaberta.coruna.es/budgets/1

 

E se tes algún problema ou algunha dúbida que non poidas resolver, podes escribir a presupostos.participativos@coruna.es


Deixamos a continuación unha guia cos aspectos mais destacados desta nova edición. Fai click na imaxe que queiras para ampliala e poder ler con detalle. Unha vez ampliada podes utlizar as flechas laterais para avanzar ou retroceder