Poñémonos en contacto con vós para comunicarvos que o pasado domingo 24 de setembro finalizou o prazo de votación do programa de orzamentos participativos de 2017, acadando uns resultados altamente satisfactorios en todos os ámbitos e, nomeadamente, no que se refire ás cifras de participación da cidadanía.

 

Resultaron gañadoras un total de 46 propostas das 141 avaliadas y orzamentadas polos servizos técnicos: 5 propostas de cidade e un total de 41 propostas dos 10 distritos. A listaxe completa que xa podedes consultar na plataforma web:

https://www.coruna.gal/descarga/1453629985914/resultados_2017.pdf

 

Como dato global, informámosvos que o número de votos totais acadados na fase final de Orzamentos Participativos neste ano 2017 foi de 12.403, o que supón un importante incremento en relación co ano pasado.

 

Dende a Concellaría de Participación e Innovación Democrática queremos agradecervos a todas as asociacións da cidade a vosa colaboración e apoio no desenvolvemento deste programa, e de maneira moi especial, o intenso traballo realizado por algunhas entidades veciñais.


A nosa máis sincera noraboa a todas as asociación que propuxéchedes, apoiáchedes e votáchedes propostas gañadoras. Todas elas formarán parte do proxecto inicial do Orzamento Xeral do Concello da Coruña de 2018 para ser executadas.


Animámosvos a participar de novo, o ano que ven, nos Orzamentos Participativos de 2018.