Sauda

foto-presjpg

Como Presidenta da Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana, non podo desaproveitar a oportunidade que me brinda a renovación da nosa páxina web para dirixirlles un afectuoso saúdo a tódalas persoas e entidades que contribuíron e contribúen á creación e fortalecemento do movemento veciñal.
 
Na Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana atópanse representadas as máis importantes Asociacións Veciñais da nosa bisbarra. Grazas a isto, ó longo da súa historia vén desenvolvendo unha importante reivindicación e promoción dos intereses e da calidade de vida dos habitantes da cidade de A Coruña e da súa área metropolitana.

Non podo deixar de agradecer, tanto ós membros da Xunta Directiva, coma ós Directivos de tódalas Asociacións que formades parte da Federación, que sodes os principias voceiros das necesidades da poboación, a colaboración e compañeirismo que amosades para poder desenvolver a labor que estamos a  realizar.

Ás veces non resulta sinxelo afrontar as dificultades que se presentan no camiño, pero o importante é, independentemente dos esforzos que custe, acadar uns resultados positivos que satisfagan á maioría. A historia veu demostrando que un movemento asociativo forte é imprescindíbel para a consecución destes resultados, así coma a voz da cidadanía ante as Administracións Públicos.

Para rematar, anímovos a tódolos dirixentes veciñais a seguir traballando para conservar e potenciar este tecido asociativo, que nos dota de capacidade de decisión e defensa dos intereses dos nosos veciños. Con isto, contribuiremos a mellorar o noso país, sabendo que sempre vai a repercutir positivamente na nosa convivencia e, en definitiva, nas nosas vidas.

 Unha forte aperta e forzas para seguir loitando.

 


Directiva

Presidenta

Luisa Varela Insua

Vicepresidente

Pedro Méndez Zas

Secretario

...

Vicesecretario

Manuel Vales Cancelo

Tesorera

Isabel Fouz Escobero

Vocales

Rogelio Suárez Lago
Pilar Carrodeguas Piñón
Jose Angel Souto Vazquez
Pedro Fernandez Roque
Jose Manuel Eiras Otero
Pilar Menéndez Andrade